jueves, 24 de febrero de 2011

De re coquinaria

O último traballo consiste en buscar postres romanos para traer á nosa festa. Tedes información en De re coquinaria na parte de Cultura Clásica.






Maquillaxes

Canto ás maquillaxes, a cara dos cidadáns e as súas mulleres debía estar moi pálida, para iso usaremos pos de talco mesturados cun pouco de auga ata formar unha pasta. Sobre esta base, daremos tono vermello nas meixelas e nos beizos (non nos pasemos coa cor). As cellas canto menos depiladas mellor, así que haberá que estendelas cun lapis de ollos (pasaremos das formigas mortas ou os seus ovos). Os ollos pintarémolos con cinza (vos sorprenderá o parecido ó que se compra) e perfilarémolos en negro co lapis.
Os homes perfilarán lixeiramente os ollos de negro e darán á súa pel un tono branco.

Traede perfumes e xoias se sodes da nobreza.

 

martes, 22 de febrero de 2011

Peiteados

Unha imaxe vale máis que mil palabras, mais en todo caso vos direi que as mulleres casadas solía levar 6 trenzas ó redor da cabeza (tiñan o pelo moi longo) pero en realidade houbo moitísimos cambios nas modas e influenzas de distintos pobos e por suposto de Grecia. Aquí tedes distintos modelos:
Peiteados gregos



lunes, 14 de febrero de 2011

Peiteados e maquillaxes

Imos centrarnos agora en peiteados e maquillaxes e non pensedes que iso só vai coas mulleres porque non é exactamente así. Douvos unha semana para que vos poñades ó día en todo ó que concerne a este tema. Se non vos gustan os links da parte de cultura clásica pedídeme bibliografía. Temos no departamento "Así vivían los romanos" que fala do tema.

Ánimo!

Rematando o vestiario

Podedes ir comprando as teas ou pedíndoas "pretadas" das que tedes na casa. Se as comprades, é preferible que sexa tea da que se vende para disfraz antes que raso porque se non está lavado queda acartonado e o que se pretende é que a tea quede cinguida ó corpo. Xa sabedes que non a imos coser, imos empregar fíbulas e cintos. As fíbulas poden ser imprendibles pequenos dourados e se remexedes nas mercerías na época de antroido teñen corchetería dourada que podedes poñer nos ombros. Canto ós cintos das rapazas, nesa época hai afortunadamente á venda cantidade de cintas que vos poden servir. Pensade que se sodes personaxes da nobreza, encantaravos o dourado e os tonos púrpura.

viernes, 4 de febrero de 2011

As teas

Esta semana  ten que quedar claro que personaxe queredes ser; buscade información sobre el porque teredes que presentarvos (ego sum...) e teredes que saber por que sodes famosos ou cales son os vosos gustos por se alguén (eu verbi gratia) vos pregunta.

Canto ó vestiario, buscade que tipos de teas utilizaban e que cores e pensade nas teas e nas cores que vós mesmos ides utilizar. Tedes información na páxina na parte de cultura clásica, sobre todo no primeiro enlace de vestiario.

lunes, 31 de enero de 2011

Aquí vos deixo algunhas das vosas fotos. Mirade as estatuas que delas aprendemos moito.
Tempus fugit